Dende o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro para o 2º ciclo.
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha
grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a
realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede
cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira
inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe,
onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o
valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a
aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o
XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.
.

Ningún comentario:
Publicar un comentario