O alumnado de tres anos elexiron a temática das meigas e trasnos dentro do PDI .Estiveron investigando sobre esa Galicia máxica , oculta nas fragas galegas.Unha vez que tiveron a suficiente información recrearon cómo sería unha fraga .Esta maqueta será exposta na gran exposición de fin de curso .Mirade o ben que lle quedou .
venres, 24 de abril de 2026
Galicia ,terra máxica .As fragas
xoves, 23 de abril de 2026
Xuntanza literaria
Este 24 de abril participamos na V Xuntanza literaria do Concello do Porriño.Asistiu o alumnado de 3° de primaria .Pasaron un rato moi entretido compartindo lecturas con nenos de outros centros do concello .
Día do libro.II Intercambio de libros
Xa temos todo preparado para facer o " II intercambio de libros" . O alumnado participa aportando libros que teñan na casa e que xa leron.Así podemos darlle unha segunda vida a eses libros que descansan nas estanterías . Si intercambiamos libros podemos ler moito máis. Estades todos convidados a participar .
Obradoiro de xogos.A toda letra
Día do libro.O noso libro.
Co gallo do día do libro ,vimos de presentar "o noso libro " , adicado este ano ás lendas galegas.Este libro recolle os traballos de investigación sobre lendas galegas como parte do PDI do centro titulado "Terra máxica ".
Noraboa a todas as aulas por participar neste traballo.
mércores, 22 de abril de 2026
Novidades
Cada curso imos introducindo máis volumenes na nosa sección de libros de información do apartado de ciencias naturais.É unha seccion moi solicitada neste centro.Esperamos que estes libros sexan do agrado de toda a comunidade educativa .
Día do libro.Aula de tres anos
Outra actividade levada a cabo para celebrar o día do libro pola biblioteca , foi a experiencia sensorial levada a cabo nas aulas de tres anos . Unha experiencia con distintos contos adaptados aos máis pequenos do centro . Premade no video e disfrutade da experiencia .
Apadriñamento lector
Seguimos con actividades relacionadas ca celebración de día do libro .Hoxe disfrutamos da compañía do alumndo de 2°da ESO de IES Pino Manso.
DÍA DO LIBRO.Paco Nogueiras
Co gallo da celebración do día do libro ,tivemos a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos da man de Paco Nogueiras.
martes, 21 de abril de 2026
Novidades .Cociña
Non perdemos a ocasión de completar a nosa colección con seccións novas.Como o noso centro dispón dunha cociña imos dotar á biblioteca con libros de receitas para todas as etapas .
Non perdades a ocasión de ollar estes volúmenes ,e manos á obra .
Obradoiro de xogos Unánimo
venres, 17 de abril de 2026
Terra máxica .Sargadelos
O alumnado de 4°de primaria xa van rematando as súas misións do PDI do centro . Queren compartir con nós todo o que aprenderon sobre a cerámica de Sargadelos ,moi presente na nosa cultura galega . Noraboa polo voso traballo .
mércores, 15 de abril de 2026
Terra máxica.O traxe galego
Seguimos a dar respostas ás misións do PDI do centro "Terra máxica ".O alumnado de 5°de educación infantil está a traballar co traxe rexional galego .
Coñeceron as distintas partes do traxe galego ,os usos e nomes .
Mirade cánto estiveron investigando as nenas e nenos para facer estes murais .
Terra máxica
Xa comezamos o terceiro trimestre ,e estamos dando os últimos retoques ao noso PDI "Terra máxica".A biblioteca xa loce unha nova imaxe ca súa árbore máxica na que prenden todas as follas cas temáticas a traballar nas aulas.
Esta árbore xa anuncia unha gran exposición que imos ter ,e na que poderemos ver todos os traballos realizados .
Apadriñamento lector .2° da ESO
Hoxe tivemos a sorte de disfrutar da compañía do alumnado de 2° da ESO do IES Pino Manso.Compartiron lecturas cos nosos nenos de 2° de primaria .De regalo levaron un marcapáxinas de agasallo feito polos nenos de primaria .Prema no video e disfrutade !!.
venres, 10 de abril de 2026
Carabela .Club de lectura
Este mes o club de lectura "Tebras máxicas " estivemos a ler o libro de Paula Carballeira "Carabela " .
Puxemos unhas pistas para falar da temática do libro , e poder adiviñar o título.
xoves, 9 de abril de 2026
Terra máxica . 6°de infantil
Seguimos avanzando na elaboración do noso PDI.Nesta ocasión o alumnado de 6°de infantil estivo a recadar información sobre o millo.Cómo era a planta,a espiga,os grans,a fariña.... Tamén traballaron co hórreo ,as partes que ten ,os tipos de hórreos e os usos que se lles dá nesta zona de Porriño .Despois fixeron un rico biscoito que disfrutaron todos xuntos para celebrar o moito que aprenderon. Toda a información a encontraron na nosa biblioteca ,xunto con material aportado pilas familias .
mércores, 8 de abril de 2026
A pedra vermella
Hoxe tivemos o placer de disfrutar da compañía de Sonia Blanco,autora do libro "a pedra vermella".Un conto cheo de sentimentos que disfrutamos moito.
Moitas grazas por compartir o teu tempo con nós .
Mascota da radio
Moitas grazas por participar no concurso da mascota para a radio escolar .Foron moitos debuxos que recollimos ,e agora toca elexir.
Xa temos seleccionados os finalistas do concurso da mascota de radio escolar expostos no taboleiro.Non perdades a ocasión de votar polo voso debuxo preferido.
Nuns días anunciaremos o gañador .Sorte a todos .



















































