Amosando publicacións coa etiqueta día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 



Vimos de celebrar o 23 de febreiro,día de Rosalía de Castro.Nesta ocasión o alumando realizou anagramas con símbolos relacionados co mundo de Rosalía de Castro .As campás, as gaitas ,os ríos,a casa ,elementos que aparecen na súa obra.As nenas e nenos repasaron  e escribiron as súas poesías de  unha maneira divertida .

Con todos estes detalles elaboraron un bonito mural para expoñer nos corredores do centro.







domingo, 23 de marzo de 2025

Día de Rosalía

  Este ano co gallo do día de Rosalía, o noso cole preparou " o xardín de Rosalía" xunto co equipo de dinamización. A actividade consistía en decorar unha flor e poñerlle algunha verba amorosa. Os maiores escribiron poemas de Rosalía de Castro. Mirade que chulo quedou.







sábado, 24 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

 Este 23 de febreiro a cultura galega celebra un dos seus días grandes. A nosa Rosalía de Castro tamén estivo presente no noso cole. Con estes carteis nos que os nenos e nenas traballaron co nome de Rosalía, traballaron poemas, fixeron alusión á figura de Rosalía de Castro, conmemoramos o día de Rosalía no centro. Espero que vos guste. 







xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

 Hoxe é unha data moi importante para a cultura galega xa que é o día do nacemento dunha gran escritora da literatura galega. O noso colexio non podía deixar escapar unha cita tan importante ca nosa cultura, por iso dende a biblioteca propúsose unha actividade moi lúdica para todo @  alumnad@, que consiste en encher a cabeza de Rosalía cos nosos nomes, e recordar así a esta gran muller que sempre tiña a súa cabeza chea de verbas para poder escribir toda a súa obra. Mirade o ben que quedou.