Este curso ca nova biblioteca, pensamos convinte a instalación de paneis informativos cas novas que van acontecendo na nosa biblioteca. Temos un con información relativa ás distintas seccións, e outro cas noticias relacionadas co proxecto no que estivemos a traballar este curso.
sábado, 15 de xuño de 2024
mércores, 12 de xuño de 2024
O Noso Libro
Aquí tedes o Noso Libro. Grazas pola vosa colaboración para a súa elaboración.
martes, 11 de xuño de 2024
PONTEAZERO
O alumnado de cinco anos participaron nun taller de reciclaxe.Aprenderon cómo separar os residuos e o máis importante cómo reducir a cantidade de residuos que producimos diariamente.
luns, 10 de xuño de 2024
Visita á biblioteca do Instituto Pino Manso
O alumnado de catro anos realizou unha visita á biblioteca do Pino Manso para que os maiores lles contasen un conto. Foi unha visita moi gratificante para todos e o pasaron moi ben.
Kamishibai
ACIENCIACERTA, Feira das ciencias. O Porriño 2024.
Os rapaces de quinto e sexto de primaria do noso cole e de todos os colexios do Porriño participaron na primeira feira de ciencias, ACIENCIACERTA. Celebrada na praza do concello o pasado venres 7 de xuño.
luns, 27 de maio de 2024
Visita de 4°da ESO
Este luns día 27 de maio tivemos a visita do alumnado de 4°da ESO que nos viu a mostrar os seus traballos con contos populares. Poidemos disfrutar de videos de contos montados e producidos por eles mismos. Unha presentación moi ben acollida polos máis pequenos. Moitas grazas a todos.
mércores, 22 de maio de 2024
luns, 13 de maio de 2024
III Xuntanza literaria
Este venres día 10 de maio participamos na III Xuntanza literaria organizada polas bibliotecas escolares dos centros educativos do Concello do Porriño. Mirade o ben que o pasaron.
xoves, 9 de maio de 2024
Verbas sentidas
Nesta ocasión poidemos disfrutar dos contos contados polos irmáns que temos no centro. Un intercambio de clases para poder xuntar ós irmáns.
venres, 3 de maio de 2024
Apadriñamento lector
Aquí temos outra sesión da visita do alumnado do IES Pino Manso ó noso centro. Nesta ocasión tocoulle aos nen@s de 4 Anos.
Aquí temos outro apadriñamento lector pero nesta ocasión co alumnado de tres e catro anos con 2° da ESO.
Apadriñamento lector
Co gallo do día do libro, este curso volvimos a retomar o apadriñamento lector co alumnado dd 2°da Eso do IES Pino Manso. Foi unha experiencia ben enriquecedora onde @s nen@s de 5 anos poideron estar moi atentos ós contos lidos polos ex alumn@s do centro. Premade no video e disfrutade.
martes, 23 de abril de 2024
Día do libro
Este ano tivemos unha celebración do día do libro do máis motivadora e participativa. Poidemos disfrutar das verbas aprendidas pol@s nen@s que recitaban do máis led@s. Premade nos videos e disfrutade.
Cabe decir que este video é fantástico, xa que podemos ver a aula de 4 Anos B en plena acción.
Nesta ocasión podedes disfrutar c@ alumnadad@ de 6°B.
Aquí vos deixo a actuación marabillosa de 3°A.Non o poideron facer mellor.
luns, 22 de abril de 2024
Día do libro
Xa temos os primeiros poemas liberados da gaiola e as produccións das distintas aulas para conmemorar o día do libro no centro. Premade nos videos e disfrutade.
Empezamos por 5 anos A.
Continuamos con esta escenificación de segundo de primaria. Xa vedes que é un traballo estupendo.
Abraham Carreiro
Aqui temos outra mostra do productivo que foi a visita de o escritor Abrahan Carreiro.Foi unha actividade moi enriquecedora e dinámica.
xoves, 18 de abril de 2024
Abraham Carreiro
Este martes poidemos disfrutar ca compañía de Abraham Carreiro que nos visitou para facer unha firma de exemplares do libro de Xoeliqui que recomendamos como lectura do Nadal
Fíxonos unha mostra de banda deseñada do máis interesante. Mirade como disfrutaron desta visita.













.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)




