Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de febreiro de 2026

Prevención de agresións sexuais

 




A biblioteca do centro promove charlas sobre cómo evitar  a agresión sexual en idades tempranas.Foi o alumnado de cinco anos os que trallallaron con esta temática social.Unha sesión moi interesante.





martes, 25 de novembro de 2025

25 N. Día da non violencia

 Hoxe celebramos o 25N cunha acto moi emotivo.Toda a comunidade educativa reuniuse no patio escolar para escoitar a canción da cantante Aitana titulada "Ni una más ". 

Despois de traballar co significado deste día durante esta semana, deseñamos unhas chapas como agasallo  para lembrarnos desta xornada.







 Tamén realizamos un mural moi chamativo para educarnos na non violencia.Mirade que ben quedou. 






luns, 9 de marzo de 2020

Visita de Rafael Ordóñez




O pasado día 4 de marzo contamos coa presenza do escritor Rafael Ordóñez.

Estivo con nós dúas sesións:

A primeira sesión cos nenos e nenas de Primeiro estivo adicada ao libro Animales muy normales e a segunda, cos de Sexto, tratou sobre o libro Bichos raros.

Deixámosvos con dou vídeos lembranza da súa presenza e cunha foto final de despedida.


 

Grazas pola túa visita. Foi xenial!

domingo, 16 de xuño de 2019

Representación de Kamishibai



O pasado venres 14 de xuño os nenos de 5º A fixemos a nosa representación de contos representandos con Kamishibai aos nenos de 4 anos de Lucía e de Marta e aos nenos de 1º de Ricardo.

Kamishibai (紙芝居?), literalmente significa "drama de papel", é unha forma de contar historias que se orixinou nos templos budistas de Xapón no século XII, onde os monxes utilizaban emaki (pergamiños que combinan imaxes con texto) para combinar historias con ensinos morais para audiencias maiormente analfabetas. Mantívose como un método para contar historias durante varios séculos, pero posiblemente coñézaselle máis polo seu renacemento nos anos 1920 ata os anos 1940. O gaito kamishibaiya, ou contista, golpeaba dous pedazos de madeira comunmente unidos por unha corda, chamadas hyoshigi, para anunciar a súa chegada ás diferentes vilas. Os nenos que compraban doces aos gaito kamishibaiya tomaban os primeiros asentos á fronte do escenario. Unha vez situada a audiencia, gaito kamishibaiya contaba varias historias utilizando para iso un pequeno escenario de madeira que na maioría dos casos posuían moitos detalles artesanais no que se inserían ilustracións que se ían removendo a medida que se contaba a historia. As historias eran a miúdo series de contos cuxos novos episodios eran contados en cada visita ás vilas. 

Deixámosvos agora co vídeo da nosa representación.

 
 


 

luns, 29 de abril de 2019

Día do libro

Pola semana do libro fixemos un mercadiño medieval. Os nenos e nenas tiñan que traer libros en bo estado e calidade da súa casa que xa tiñan aburridos e que despois intercambiaban cun compañeiro.
Grazas pola vosa participación!!















xoves, 21 de marzo de 2019

María Reimondez


Poesía por un tubo

Moitas grazas por vir a recitarnos unhas poesías tan fermosas. Esperamos que o alumnado do IES Pino Manso de O Porriño volva pronto.

domingo, 23 de decembro de 2018

Intercambio de postais

Ola nenos e nenas!!
Estamos encantados con vos! Houbo moitísima participación e neste video podedes ver os resultados

xoves, 22 de novembro de 2018

Xa estamos pensando no Nadal!

Ola amigos e amigas!

O Nadal xa está aí e... Para celebralo... Temos unha actividade para vós!

Que vos parece se facemos postais de Nadal?? Sabémolo: "Jo, que rollo", "Isto é o de sempre"

Pode ser pero propoñémosvos facer unha postal que despois se vai trocar cun compañeiro o compañeira doutra clase. Agora xa máis, non?

Animádevos a participar! Só necesitades unha cartolina A4 dobraba á metade e a vosa imaxinación. Tamén podedes pasar pola biblioteca e recoller unha para decorar na casa.

Veña! Tedes ata o 30 de novembro!

Po & Rinho


luns, 29 de outubro de 2018

Eu leo en...

RESULTADO DO MURAL

Amiguiñ@s!! Moitas grazas pola vosa colaboración. Así quedou a parede da biblioteca coas voas fotos. Animádevos a vir a velas!


Po e Rinho




luns, 22 de outubro de 2018

Actividade! Eu leo en... E ti?

Descripción: G:\Biblioteca\Mascotas e logo\Logo fondo blanco.jpg
Eu leo en

E ti?

Ola amiguiños e amiguiñas!

Somos Po e Rinho, os gardiáns da biblioteca Xoferlo. Para iniciar o curso con bo pé e celebrar o día das bibliotecas escolar (24 de outubro), invitámosvos a participar na actividade “Eu leo en…e ti?

É moi fácil! Só tedes que traer da casa unha fotografía, como máximo medio folio de tamaño, onde saias lendo no teu espazo preferido (a cama, o sofá, a túa zona de estudo)

Despois xa nos ocupamos nós e faremos un mural para mostrar as vosas imaxes a todo o mundo. Participa! Só levarache un par de minutos e con esa imaxe coñeceremos un pouco máis de ti!

Firmado.

Po e Rinho