Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2026

Día das letras Galegas

 Na semana das letras galegas os rapaces estiveron a traballar ca homenaxeada Begoña Caamaño . Realizaron este mural tan vistoso para dar visibilidade da aportación que deixou na nosa cultura.


A biblioteca tamén quere aportar estes volúmenes para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Begoña Caamaño .Esperamos  que vos gusten .






xoves, 15 de maio de 2025

Cancións populares galegas

Co gallo do Día das letras galegas , adicado este ano ás cantareiras , o equipo de dinamización linguística xunto ca biblioteca   pediu ás familias a colaboración para realizar unha recollida de cantigas populares da contorna , e aquí temos o resultado da participación cas familias .
 O EDLG e Biblioxoferlo presentan: As cantareiras 2025!

Moitas grazas ás familias e ao alumnado participante. Sodes uns artistas!

xoves, 17 de maio de 2018

Letras galegas 2018

Este ano, María Victoria Moreno é a homenaxeada polo día das Letras Galegas. Falemos un pouco dela...

Naceu na provincia de Cáceres e foi unha escritoria de literatura xuvenil e infantil en lingua galega e profesora de ensinanza secundaria en Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Utilizou o pseudónimo de Peregrina Pérez.

Encantáballe Galicia e a súa lingua, por iso, entregouse á defensa e promoción do galego: "A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor"

Morreu en Pontevedra, vítima dun cancro de mama.

No cole fixemos unha pequena actividade onde as nenos e nenas pintarían coa técnica do Pop-art a imaxe de María Victoria. A verdade é que quedou moi ben!!!








Moitas grazas pola vosa colaboración lectores!!!

FDO. Po e Rhino