Xa temos todo preparado para facer o " II intercambio de libros" . O alumnado participa aportando libros que teñan na casa e que xa leron.Así podemos darlle unha segunda vida a eses libros que descansan nas estanterías . Si intercambiamos libros podemos ler moito máis. Estades todos convidados a participar .
xoves, 23 de abril de 2026
Día do libro.II Intercambio de libros
Día do libro.O noso libro.
Co gallo do día do libro ,vimos de presentar "o noso libro " , adicado este ano ás lendas galegas.Este libro recolle os traballos de investigación sobre lendas galegas como parte do PDI do centro titulado "Terra máxica ".
Noraboa a todas as aulas por participar neste traballo.
mércores, 22 de abril de 2026
Día do libro.Aula de tres anos
Outra actividade levada a cabo para celebrar o día do libro pola biblioteca , foi a experiencia sensorial levada a cabo nas aulas de tres anos . Unha experiencia con distintos contos adaptados aos máis pequenos do centro . Premade no video e disfrutade da experiencia .
DÍA DO LIBRO.Paco Nogueiras
Co gallo da celebración do día do libro ,tivemos a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos da man de Paco Nogueiras.
xoves, 24 de abril de 2025
Intercambio de libros
Co gallo da celebración do día do libro, este ano como xa anunciamos, preparamos un intercambio de libros. O alumnado podía traer libros que tiñan xa lidos en casa, para cambiar cas compañeiras e cos compañeiros do cole. Foi un auténtico intercambio, xa que se repartiron uns tickets para realizar o cambio. Prema no video para ver o emocionante que foi.
venres, 11 de abril de 2025
Día do libro
Xa temos todo organizado para celebrar o Día do libro. Este ano grazas á colaboración cas familias, faremos un intercambio de libros por ciclos. Aquelas familias que queiran cambiar libros que teñan na casa xa lidos, os poden traer ao cole para cambialos por outros títulos.Xa temos preparados uns bonitos vales para entregar polas aulas.
Asimesmo farán un marcapáxinas para intercambiar entre as compañeiras e compañeiros .
Estas actividades son posibles grazas á implicación das familias e o profesorado. Moitas grazas á toda a comunidade educativa do Fernández López.
martes, 23 de abril de 2024
Día do libro
Este ano tivemos unha celebración do día do libro do máis motivadora e participativa. Poidemos disfrutar das verbas aprendidas pol@s nen@s que recitaban do máis led@s. Premade nos videos e disfrutade.
Cabe decir que este video é fantástico, xa que podemos ver a aula de 4 Anos B en plena acción.
Nesta ocasión podedes disfrutar c@ alumnadad@ de 6°B.
Aquí vos deixo a actuación marabillosa de 3°A.Non o poideron facer mellor.
luns, 22 de abril de 2024
Día do libro
Xa temos os primeiros poemas liberados da gaiola e as produccións das distintas aulas para conmemorar o día do libro no centro. Premade nos videos e disfrutade.
Empezamos por 5 anos A.
Continuamos con esta escenificación de segundo de primaria. Xa vedes que é un traballo estupendo.
xoves, 18 de abril de 2024
Día do libro.
Xa temos todo preparado para realizar a actividade do día do libro. Nesta ocasión a nosa compañeira Maru organizou unha serie de poemas que os nen@s terán que liberar da gaiola. @s nen@s terán que coller un ruliño de papel wue esconde unhas verbas. Terán que leelo e interpretalo. A ver o ben que sae esta actividade.



























