Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recomendacións. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de abril de 2026

Reconendacións para educación infantil

 Dende a biblioteca queremos recomendar estes libros de lectura para os primeros lectores.
















Recomendación de libros "Non a todas as nenas lles gusta o rosa "

 

 Dende o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro pra o 1º nivel de primaria .



O artista David Pintor plasma algunhas das moitas e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor.

Recomendación de libros "Esta é a miña historia"

 Dende  o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro para o 2º ciclo.

Esta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.

.

Recomendación de libros A Excursión a Cans

 Dende o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro de lectura .



Dende  Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película. Mais é posible que iso cambie o día que van de excursión co cole ao Festival de Cans. Ficción e realidade, «ghalpóns» e chimpíns, son os ingredientes perfectos para que se produza o reencontro. Que aventuras estarán a agardar por eles dentro da pantalla? Se che gustou «Unha veciña de película» non perdas «A excursión a Cans». Vémonos no Torreiro das Estrelas!

    Dend

luns, 2 de xuño de 2025

Recomendación de libros



Aquí temos unhas das campañas de recomendacións  que levou a cabo a biblioteca neste curso 2024-25.Estas recomendacións de lectura serán o incentivo para pasar un rato entretido cos autores .As campañas lectoras realízanse para todos os niveis educativos .






 

mércores, 20 de novembro de 2024

Contos que curan

 Acabamos de recibir na nosa biblioteca un proxecto feito pola biblioteca municipal do Porriño e que dende a nosa biblioteca queremos dar visibilidade . Trátase de " Contos que curan " unha escolma de contos que tratan sobre cómo tratar a perda de un familiar , un  ser querido .Parécemos un traballo moi interesante .