mércores, 27 de maio de 2026

Teatro Trecola.

 Hoxe tivemos a sorte de disfrutar do gtupo de teatro Trecola .Representaron a obra de teatro baseada no libro "A pequena osa non quere xogar " e no libro "Non a todas as nenas lle gusta o rosa ".Estes libros foron recomendacións que fixo a biblioteca oara educación indantil e 1°de primaria.

Mirade o divertido que resultou .











luns, 25 de maio de 2026

Día do medio ambiente .

 Este ano organizamos unha actividade ben especial para celebrar o día do medio ambiente .O alumnado de infantil serán os encargados de explicarlles aos  alumnos maiores do centro qué se celebra o 5 de xuño .Organizamos varias actividades explicativas para coidar o noso planeta .

Empezamos co alumnado de 5 anos compartindo a súa experiencia co alumnado de 6 ° de primaria .Plantaron sementes de perexil en papel de periódico.Mostráronlle toda a evolución das plantas .






O alumnado de catro anos elexiu unha actividade de boas e malas prácticas para coidar do noso planeta.Compartiron a actividade con nenos de 2° e 1° de primaria.

Mirade o ben que o pasaron .


E por último o alumnado de tres anos ,compartiron unha actividade de plantación de sementes autóctonas da nosa contorna .Unga actividade moi motuvadora por sí soa , e se a comparten cos compañeiros  maiores  de 3° e 4° de primaria ,mellor .



A Cienciacerta



 A biblioteca participou na mostra  de ciencia que se realiza nas rúas de O Porriño .Parte dos experimentos que se levaron a cabo no mes da ciencia na biblioteca foron expostos na mostra de ciencia .O alumnado que participa son os de 5° de primaria .




Exposición Galicia terra máxica

 Aquí recollemos unha mostra de todo o traballo realizado nas aulas ao longo do curso.Como peche ,montamos unha gran exposición á que están convidados toda a comunidade do centro.

 O alumnado de 6°de primaria foron os encargados de deseñar os carteis informativos que repartiron por todo o Concello.

Mirade qué bonitos e orixinais quedaron .










Asimesmo diseñaron unhas invitacións  que repartiron polo centro para as familias .



E finalmente a nosa comunidade educativa puido disfrutar de esa gran exposición ,na que se recollen traballos dos distintos cursos e niveis .






Revista escolar

 



Coma en cursos anteriores o equipo de biblioteca inlúcrase cas publicacións que se realizan no centro .Neste caso ,presentamos a revista escolar traballo coordinado co equipo de dinamización  linguística do centro .Neste traballo recóllense unha mostra das actividades desenvolvidas ao longo do curso .Mirade qué traballo ben feito .Esperamos que vos guste .

Ecos Da Louriña 2026

Fotos antigas do Porriño .PDI

 

O alumnado de 6º de primaria ,realizou un arduo traballo recopilando fotos antigas do colexio CEIPP Xosé Fernández López ,do concello de  O Porriño e mesmo de antigos alumnos do centro .Mirade algunhas delas .




Personaxes famosas .PDI


 O alumnado de 5° de primaria escolleron as misións relacionadas con personaxes que tiveron unha gran influencia na nosa cultura galega.Primeiro tiveron que seleccionar as personaxes a traballar ,buscar información ,e radactar a información máis relevante,para plasmar nos murais .

Estiveron afondando sobre Castelao , Rosalía de Castro ,o rei Alfonso X entre outros .

Mirade o atareados que estiveron, para poder expoñer o seu traballo .












E así quedaron os carteis.Noraboa polo voso traballo .










Frases e ditos .PDI

 O alumnado de 2° tocoulle facer un traballo sobre expresións e ditos en galego . Ao longo do curso recolleron estas expresións que tanto se escoitan no día a día .Tiveron que pedir axuda ás familias para poder realizar este traballo .








Xa para rematar o seu traballo ,prepararon uns vistosos lapbook para adiviñar o significado de esas verbas .