Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-23. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2022-23. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de xuño de 2023

Rematamos o curso

Este curso damos por rematado o curso 2022-23 ,sen antes deixar constancia de cómo temos a nosa biblioteca.Xa queda todo recollido gracias á colaboración da Anpa do centro que nos axudou a gardar e desmontar todo . O vindeiro curso comezaremos nun novo espacio , con novos proxectos e ilusións para disfrutar da ubicación da nosa nova biblioteca .





Taller de luz negra

 @s nen@s de educación infantil realizaron un taller de luz negra partindo do conto de LEOTOLDA  da escritora Olga de Dios da editorial Sidonia .Foi un traballo moi motivador xa que poucas veces traballamos a oscuras , sen luz natural e cunha luz ultravioleta moi especial.Os materiais tamén foron diferentes ós clásicos para que poideramos disfrutar dese efecto tan peculiar .Asemesmo utilizamos unha maquillaxe diferente .Mirade o divertido e entretido que foi .




xoves, 15 de xuño de 2023

Verbas terroríficas

 Aquí vos presentamos o noso libro das verbas terroríficas que recollen a gran imaxinación que teñen estes cativos.Un bonito traballo que deu paso a disfrutar dun túnel cheo de sorpresas. Mirade qué medo !!! .




Semana da ciencia

 Non queremos rematar este curso sen deixar de facer referencia á nosa primeira edición do libro sobre os experimentos.Este libro estivo rondando polas aulas e unha vez devolto queremos mostralo no noso blogue .Mirade que chulo nos quedou .




mércores, 14 de xuño de 2023

A maxia da visión

 Un órgano do noso corpo que temos que educar moi ben para percibir tódolos estímulos  do noso contorno son os nosos ollos .Para isto asistimos a un taller moi interesante sobre a maxia da visión no que aprendimos moitas cousas .Mirade o interesante que foi .




Linguaxe de signos


 A mamá de Martín , Ana , explicounos como poden falar e comunicarse os nen@s sordomudos cunha linguaxe de signos.Foi unha visita do mais interesante .Mirade qué atentos estivemos .





Visita de Sonia Blanco como médico

 Hoxe tivemos a visita da mamá de Pablo que nos explicou como funciona o noso corpo.Para elo trouxonos un esquelete de verdade e entre tod@s o montamos. Aprendimos como funciona o noso corpo,poidemos tocar un pulmón e un riñón .Foi unha visita do mais interesante.





luns, 12 de xuño de 2023

Rematamos o curso

 Este curso 2022-23 por mor das obras para ubicar a nova biblioteca, tivemos que pechar a nosa biblioteca sen antes agradecer ós axudantes o seu bo traballo por manter a biblioteca ordeada e en bo estado.Estes colaboradores renunciaron ó seu tempo de ocio no recreo para axudar na biblioteca  Estes nen@s recibiron un pequeno agasallo de un chaveiro persoalizado ca mascota da biblioteca. Moitas grazas rapaces e que sigades colaborando noutros centros. Unha aperta a todos eles.













xoves, 13 de abril de 2023

Sabela Gago

 


Sabela Gago

 Esta semana poidemos asistir a unha sesión de contacontos da da man de Sabela Gago que nos contou unha historia sobre un lápis máxico .Mirade o atentos que estiveron estes cativos .





Apadriñamento lector

 Aqui temos outro recordo de esta sesión de apadriñamento d@ alumnad@ de 2º da ESO cos nen@s de educación infantil.







xoves, 23 de marzo de 2023

Día da muller


 Co gallo de celebrar o Día da muller, dende a biblioteca decidimos facer uns banderíns para decorar a nosa entrada do cole. Como estamos inmersos nun proxecto relacionado co deporte en concreto "móvete", a actividade consistía en buscar información sobre deportistas que destacaron na súa modalidade. Mirade o bonito que quedaron.












xoves, 23 de febreiro de 2023

Día de Rosalía de Castro

 Hoxe é unha data moi importante para a cultura galega xa que é o día do nacemento dunha gran escritora da literatura galega. O noso colexio non podía deixar escapar unha cita tan importante ca nosa cultura, por iso dende a biblioteca propúsose unha actividade moi lúdica para todo @  alumnad@, que consiste en encher a cabeza de Rosalía cos nosos nomes, e recordar así a esta gran muller que sempre tiña a súa cabeza chea de verbas para poder escribir toda a súa obra. Mirade o ben que quedou. 



















Mulleres na ciencia



 Este ano @s nen@s de 4 de primaria baixaron á biblioteca municipal a ver unha exposición de Zendal sobre as mulleres na ciencia. O noso colexio tamén facilitou información cos nosos libros para ondar mais neste tema.







mércores, 11 de xaneiro de 2023

Visita dos reis magos

 A biblioteca convirtiuse nun lugar máxico para recibir as  realezas chegadas do lexano oriente.Os tres Reis Magos recibiron a todo o alumnado do cole neste espacio tan especial e máxico do cole .


Árbore dos desexos

 Este ano fixemos no cole unha árbore moi especial.Cada nen@ foi escribindo os seus dexesos para o ano vindeiro.Mirade que árbore tan bonito e orixinal .