luns, 10 de xuño de 2024
xoves, 4 de abril de 2024
Proxecto " o mar"
Os compañeiros e compañeiras de 5 anos fixéronnos unha pequena exposición sobre as zonas mariñas segundo a profundidade.
A verdade é que coñecían moi ben a lección.
mércores, 13 de marzo de 2024
Proxecto "o mar "
Aquí temos outra montaxe moi visual para traballar sobre as zonas do océano. Mirade cántas zonas hai.
Proxecto "o mar "
As nenas e nenos de 5 anos prepararon esta bonita maquetas sobre o fondo marino. Elexiron uns peixes, cangrexos, fixeron unha praia... E aquí o resultado. O seu traballo está na biblioteca para compartir con todo o alumnado do cole.
domingo, 28 de xaneiro de 2024
A biblioteca na mar
Hoxe fomos investigar na biblioteca do cole e había unha morea de libros interesantes sobre o mar.
venres, 12 de xaneiro de 2024
As medusas .4Anos
Aquí temos a información recollida polos nenos e nenas. Seguro que aparecerán moitos máis datos interesantes sobre as medusas.
María trouxo un libriño feito por ela con explicacións breves sobre a medusa.
Ao principio estaban tímidos pero pouco a pouco foron saindo datos dos que falastes na casa e os nenos memorizaron sen darse conta.
As medusas teñen moitos ollos e a cabeza chámase campá.
martes, 19 de decembro de 2023
PROXECTO O MAR 4 Anos A
Xa temos a os nenos e as nenas de catro anos experimentando cos novos materiais sobre o proxecto do mar que preparamos na biblioteca. Prema no video e disfrutade do ben que o están pasando.
luns, 18 de decembro de 2023
Proxecto "O mar"
Xa temos preparado o material que podemos utilizar no noso proxecto escolar sobre o mar. Pasade e experimentade.





































