xoves, 17 de maio de 2018

Letras galegas 2018

Este ano, María Victoria Moreno é a homenaxeada polo día das Letras Galegas. Falemos un pouco dela...

Naceu na provincia de Cáceres e foi unha escritoria de literatura xuvenil e infantil en lingua galega e profesora de ensinanza secundaria en Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Utilizou o pseudónimo de Peregrina Pérez.

Encantáballe Galicia e a súa lingua, por iso, entregouse á defensa e promoción do galego: "A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor"

Morreu en Pontevedra, vítima dun cancro de mama.

No cole fixemos unha pequena actividade onde as nenos e nenas pintarían coa técnica do Pop-art a imaxe de María Victoria. A verdade é que quedou moi ben!!!








Moitas grazas pola vosa colaboración lectores!!!

FDO. Po e Rhino

Ningún comentario:

Publicar un comentario