Neste curso 2026-27 seguiremos con tarefas de expurgo da nosa colección e tamén incorporaremos novos volumes á nosa biblioteca.Aquí vos deixamos as novidades do mes de outubro.Esperamos que teñan unha boa acollida entre o alumnado e profesorado.
venres, 16 de outubro de 2026
mércores, 14 de outubro de 2026
Arepas Colombianas
As nenas e nenos de 5° de primaria xa comezaron a traballar no proxecto "a volta ao mundo " .Van a traballar no proxecto dende a gastronomía dos países do alumnado . O punto de partida foron as arepas de Colombia .
Hoxe tivemos a sorte de disfrutar da visita da nai de Fernanda e Gabriela.O alumnado realizou tarefas de investigación do país,escribiron a receita para finalizar ca degustación.Premade no video e disfrutade da tarefa realizada .
venres, 9 de outubro de 2026
A volta ao mundo
O alumnado de infantil xa comezou as novas andainas co proxecto do centro . Partiron das mascotas da biblioteca ,vestidas para o gran evento da viaxe e poder investigar nas misións que lle propuso a mestra Lucía.
A volta ao mundo
Xa temos todo preparado para iniciar un novo proxecto de centro.Como está a aumentar o alumnado extranxeiro no centro ,este ano decidiuse traballar a interculturalidade co proxecto "a volta ao mundo ".
Aqui vos presentamos a decoración tan chula que realizamos como punto de partida .As nosas mascotas están preparadas para realizar unha gran viaxe polo mundo .
Premade no video para ver a decoración .










