Este mes o club de lectura "Tebras máxicas " estivemos a ler o libro de Paula Carballeira "Carabela " .
Puxemos unhas pistas para falar da temática do libro , e poder adiviñar o título.
Este mes o club de lectura "Tebras máxicas " estivemos a ler o libro de Paula Carballeira "Carabela " .
Puxemos unhas pistas para falar da temática do libro , e poder adiviñar o título.
Seguimos avanzando na elaboración do noso PDI.Nesta ocasión o alumnado de 6°de infantil estivo a recadar información sobre o millo.Cómo era a planta,a espiga,os grans,a fariña.... Tamén traballaron co hórreo ,as partes que ten ,os tipos de hórreos e os usos que se lles dá nesta zona de Porriño .Despois fixeron un rico biscoito que disfrutaron todos xuntos para celebrar o moito que aprenderon. Toda a información a encontraron na nosa biblioteca ,xunto con material aportado pilas familias .
Hoxe tivemos o placer de disfrutar da compañía de Sonia Blanco,autora do libro "a pedra vermella".Un conto cheo de sentimentos que disfrutamos moito.
Moitas grazas por compartir o teu tempo con nós .
Moitas grazas por participar no concurso da mascota para a radio escolar .Foron moitos debuxos que recollimos ,e agora toca elexir.
Xa temos seleccionados os finalistas do concurso da mascota de radio escolar expostos no taboleiro.Non perdades a ocasión de votar polo voso debuxo preferido.
Nuns días anunciaremos o gañador .Sorte a todos .
O artista David Pintor plasma algunhas das moitas
e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala
dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor.
Dende o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro para o 2º ciclo.
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha
grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a
realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede
cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira
inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe,
onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o
valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a
aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o
XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.
.
Dende o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro de lectura .
Dende Desde o verán pasado, os xemelgos Elsie e Simón non saben nada de Alice, a súa estrafalaria veciña cineasta coa que viviron emocionantes aventuras de película. Mais é posible que iso cambie o día que van de excursión co cole ao Festival de Cans. Ficción e realidade, «ghalpóns» e chimpíns, son os ingredientes perfectos para que se produza o reencontro. Que aventuras estarán a agardar por eles dentro da pantalla? Se che gustou «Unha veciña de película» non perdas «A excursión a Cans». Vémonos no Torreiro das Estrelas!
Dend
Antes de despedirnos do segundo trimestre ,seguimos a realizar uns apadriñamentos co alumnado do IES Pino Manso .Desta volta tocoulles a 6°de educación infantil que disfrutou a tope desta visita .
Hoxe vivimos unha xornada do máis emocionante ao compartir unhas xornadas de lectura co alumnado do IES Pino Manso.Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 4 anos co alumnado de 4 da ESO. Hai que ver o ben que se portaron .
Xa temos os equipos de traballo para levar a cabo as primeiras experiencias na radio .Aquí temos o máis valientes que xa prepararon o seu traballo. A disfrutar .
Estes días estamos a compartir unhas lecturas co alumnado do ISP Pino Manso.Premade no video e disfrutado da boa compañía que tivemos .
Hoxe tivemos unha nova sesión do club de lectura Rayo moi divertida . A rapazada estivo a escribir as cualidades máis destacables de si mesmos ou de alguén que admirasen .Mirade qué nova constelación se formou no Ceipp Xosé Fernández López .
Xa é costume no noso centro que os xoves é día de xogos na biblioteca .Temos outro grupo de rapaces que están dispostos a xogar a golpe de vista e oasar un rato ben entretido .Gracias rapaces por participar en a profe Natalia polo seu tempo .
O alumnado de infantil asistiu a unha sesión de contacontos da man de Electra .Aprenderon como se fai o compost e o importante que é seleccionar os residuos para poder reciclados.
A biblioteca quere participar co programa Ponte a zero da Deputación de Pontevedra .Os rapaces de 5° participaron nunha ponencia da man de Lucía,que lle explicou o bo uso das redes sociais evitando o consumo de pornografía poñendo limites .
A biblioteca colabora ca deputación de Pontevedra co programa Ponte a zero .O alumnado de 5°de primaria estiveron analizando os seres vivos que habitan na terra de cultivo .Necesitaron lupas e moita paciencia oara encontrar os seres vivos . Unhas sesións moi interesantes e prácticas para os rapaces .
O alumnado de 1°ciclo estiveron xogando ao "xogo da miñoca ". Aprenderon a facer compost con restos orgánicos.Primeiro escoitaron as charlas e a información ofrecida ,para despois usala no xogo .Moitas grazas pola colaboración .
Seguimos avanzando cos nosos clubs de Lectura .Trabas máxicas convirtíronse en auténticos escritores atrevéndose a escribir este bonito poema .Mirada qué grupo tan colaborador .
Seguimos os xoves na biblio co noso obradoiro de xogos . O grupo que lle tocaba estiveron a xogar con "A golpe de vista " .Este xogo traballa a observación , a memoria visual e tamén o pensamiento lógico.
Seguimos convidadando ás familias a que participen no noso programa de "Verbas sentidas ".Nesta ocasión tocoulles participar nas aulas de tres anos . Mirade o atentos que estuviron os máis cativos.