Este mes o club de lectura "Tebras máxicas " estivemos a ler o libro de Paula Carballeira "Carabela " .
Puxemos unhas pistas para falar da temática do libro , e poder adiviñar o título.
Blogue da biblioteca escolar do CEIP Xosé Fernández López (O Porriño)
Este mes o club de lectura "Tebras máxicas " estivemos a ler o libro de Paula Carballeira "Carabela " .
Puxemos unhas pistas para falar da temática do libro , e poder adiviñar o título.
Seguimos avanzando na elaboración do noso PDI.Nesta ocasión o alumnado de 6°de infantil estivo a recadar información sobre o millo.Cómo era a planta,a espiga,os grans,a fariña.... Tamén traballaron co hórreo ,as partes que ten ,os tipos de hórreos e os usos que se lles dá nesta zona de Porriño .Despois fixeron un rico biscoito que disfrutaron todos xuntos para celebrar o moito que aprenderon. Toda a información a encontraron na nosa biblioteca ,xunto con material aportado pilas familias .
Hoxe tivemos o placer de disfrutar da compañía de Sonia Blanco,autora do libro "a pedra vermella".Un conto cheo de sentimentos que disfrutamos moito.
Moitas grazas por compartir o teu tempo con nós .
Moitas grazas por participar no concurso da mascota para a radio escolar .Foron moitos debuxos que recollimos ,e agora toca elexir.
Xa temos seleccionados os finalistas do concurso da mascota de radio escolar expostos no taboleiro.Non perdades a ocasión de votar polo voso debuxo preferido.
Nuns días anunciaremos o gañador .Sorte a todos .
O artista David Pintor plasma algunhas das moitas
e estrafalarias afeccións que poden facerlles soñar ás nenas. Un álbum que fala
dos estereotipos de xénero empregando un dos mellores instrumentos: o humor.
Dende o equipo de biblioteca queremos recomendar este libro para o 2º ciclo.
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha
grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a
realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede
cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira
inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe,
onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o
valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a
aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o
XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.
.