sábado, 24 de xaneiro de 2026

Día da paz

 



Xa temos todo preparado para conmemorar un ano máis o día da paz.Mirade cómo se implicaron todas  as nenas e os nenos do centro.




CUANDO BRILLAN LAS ESTRELLAS

 



Comezamos o segundo trimestre cas pilas recargadas e con ganas de novas xuntanzas co club de lectura "Rayo".

Nesta ocasión tócanos falar do libro "cuando brillan las estrellas "de Victoria Jamieson. Unha historia basada en feitos reais ,e cunha temática moi actual.Ao rematar a profe Marta nos obsequiou cunha estreliña de papiloflexia .




Galicia "Terra máxica "

 



Seguimos a traballar co noso PDI que este ano está adicado a Galicia.Temos moitas misións  que resolver para coñecer a cultura galega en profundidade.O alumnado de catro anos xa comezou ca primera tarefa.Todos ilusionados recibiron a maleta nas súas aulas. A ver cómo traballan nesta misión. 




Verbas sentidas na aula de 3 anos

 Seguimos incentivando o noso plan de lectura nas aulas de tres anos,invitando aos país a compartir un ratiño cos compañeiros dos fillos .Nesta ocasión invitamos ao pai e irmáns maiores á aula de tres anos para contarlles un conto .Experiencias moi motivadoras para todos eles.Moitas grazas a todos por estes momentos.