martes, 25 de novembro de 2025

25 N. Día da non violencia

 Hoxe celebramos o 25N cunha acto moi emotivo.Toda a comunidade educativa reuniuse no patio escolar para escoitar a canción da cantante Aitana titulada "Ni una más ". 

Despois de traballar co significado deste día durante esta semana, deseñamos unhas chapas como agasallo  para lembrarnos desta xornada.







 Tamén realizamos un mural moi chamativo para educarnos na non violencia.Mirade que ben quedou. 






Trebas máxicas. Club de lectura

 Xa levamos a cabo unha segunda xuntanza co noso novo club de lectura. Nesta sesión identificamos as personaxes principais do libro Abadazad. Non lles costou nada falar dos bos e cales son os malos do libro. O pasaron moi ben.






xoves, 13 de novembro de 2025

Libro de receitas monstruosas

 Dende a biblioteca queremos aproveitar cualquer celebración para fomentar a escritura e a búsqueda de información. Neste Samaín, o alumnado tivo que buscar información sobre postres típicos destas datas e escribir una receita monstruosa para poder entrar no famoso túnel do terror.

Ollade que ben lles quedou o libro. 





Organización e distribución da biblioteca

 Este ano queremos profundizar máis no que é a distribución e organización dos espacios da biblioteca.

Contamos cunha tarima para poder facer representacións, charlas ou presentacions de libros. 



Tamén mercamos uns autobuses para sinalizar as distintas seccións según a CDU.

E por último, dispoñemos de novos separadores para manter as distintas seccións ordeadas e sexa máis doado colocar os distintos volumens.









Obradoiro de xogos

 Este xoves, tocou aprender a xogar co Brain box e o Cracy ticks. Uns xogos que requiren a concentración, precision e imaxinación para poder xogar. Aprendemos todos e xogamos todos, compartindo un ratiño moi agradable. Moi bó traballo. 










venres, 7 de novembro de 2025

Club de lectura "Rayo"

 



Hoxe foi a 1°xuntanza do club de lectura Rayo do curso 2025-26.

Este club de lectura vai crecendo con novos socios. Unha fantasía. 

O libro que van a traballar é "FRANKENSTEIN".Nesta 1° reunión traballaron sobre cómo sería a personaxe central do libro.



xoves, 6 de novembro de 2025

Obradoiro de xogos

 Un curso máis puxemos en marcha os obradoiros de xogos didácticos na biblioteca. Estes obradoiros vánse levar a cabo todos os xoves na hora do patio na Biblio. Aquí temos unhas fotos da primeira xuntanza onde están organizando os grupos.








Contacontos en inglés

 Co gallo da celebración do Samín no cole, a academia Kids&us ofrecéronnos unhas sesións ambientdas no Halloween. Aprendimos moitas verbas en inglés poidemos practicar con bruxas, morcegos,esqueletes e pantasmas. Mirade qué atentos estiveron os cativos.