O pasado xoves , a biblioteca do cole invitou a unhas mamás marroquies do alumnado do cole a realizar un taller de henna co alumnado de infantil nas nosas instalacións. Mirade que bonitas quedaron as súas mans. Moitas grazas pola súa paciencia e o seu traballo.
domingo, 27 de outubro de 2024
Os catro elementos
Xa estamos inmersos no noso novo proxecto.O alumnado está a experimentar co novo material da biblioteca .Nesta ocasión mercamos unn puzzle xigante relacionado cos catro elementos terra,auga ,lume e aire que iremos traballan ó longo do curso .Mirade o ben que o pasaron .
Día das bibliotecas escolares
Un ano máis o noso cole celebrou o día das bibliotecas escolares cun marca páxinas que o alumnado decorou de unha forma moi orixinal .A temática do proxecto do centro deste ano está relacionado co ODS número 15 que fai referencia ós ecosistemas .O noso marcapáxinas reflexa os catro elementos que afectan ós ecosistemas ,terra aire ,lume e auga .Mirade o ben que lle quedaron .
O túnel do terror
Outro ano máis colaboramos cos outros equipos do centro para levar a cabo esta actividade polo Samaín. Nesta ocasión toca inventar unha adiviña.
O noso proxecto
Xa temos todo preparado para abordar un novo proxecto de centro. Este ano traballaremos co obxectivo de desenrolo sostible número 15 referido ós ecosistemas, onde o vento, a auga , o lume e o aire desempeñan unha acción decisiva para o seu coidado . Mirade que decoración tan bonita.
Comezo do curso
Queremos inaugurar a biblioteca deste curso 2024-25 con este video que mostra parte das novidades que temos por diante. Que teñamos un bó curso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)