domingo, 28 de xaneiro de 2024

A biblioteca na mar

 Hoxe fomos investigar na biblioteca do cole e había unha morea de libros interesantes sobre o mar.








Zoe atopou un conto cunhas ilustracións moi bonitas e decidimos contalo coa axuda da profe Laura.




Verbas sentidas

Aquí temos outra sesión do noso programa "Verbas sentidas". Nesta ocasión tocoulle a David ó pai da nosa compañeira Anne que nos contou o conto do pulpo no tellado. Todo un artista contando contos.

xoves, 18 de xaneiro de 2024

Verbas sentidas

 Seguimos co noso programa de verbas sentidas. Nesta ocasión tocoulle a Gisela, a nai de Martina que nos trouxo o conto de Daniela la pirata. Moi bonito este conto. Mirade o ben que o fixo.




Verbas sentidas

Hoxe tivemos a oportunidade dd disfrutar da compañía da madriña do noso compañeiro Héctor. Trouxonos un conto sobre o ioga e poidemos experimentar con unhas posturas do máis relaxante. Mirade o ben que o  pasamos.

Verbas sentidas

Hoxe tivemos a oportunidade de escoitar aos irmáns dos nosos alumnos de infantil.Os nenos e nenas de terceiro fixeron un alto no seu traballo para compartir uns momentos de lectura cos mis pequenos .Moi ben a todos eles .

Verbas sentidas

Nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas de catro anos disfrutar das nais que viñeron ó cole a contar uns contos .Moitas grazas a todas elas por facer un alto nos seus traballos e compartir estes momentos con nós .

venres, 12 de xaneiro de 2024

As medusas .4Anos

Aquí temos a información recollida polos nenos e nenas. Seguro que aparecerán moitos máis datos interesantes sobre as medusas.


María trouxo un libriño feito por ela con explicacións breves sobre a medusa.

Ao principio estaban tímidos pero pouco a pouco foron saindo datos dos que falastes na casa e os nenos memorizaron sen darse conta.

As medusas teñen moitos ollos e a cabeza chámase campá.


Lis dixo que as medusas non teñen cerebro. 


Zoe dixo que non teñen corazón nin sangue e Eloy que a súa boca está debaixo da cabeza.


Sofía dixo que algunhas medusas pican e son velenosas, e Triana que algunhas son brillantes.

Soraya trouxo unha medusa feita con teas e os compañeiros aplaudíronlle por traer unha marioneta tan bonita.



Verbas sentidas

 Nesta ocasión tocoulles a os irmáns maiores contarnos un conto. Qué maravilla escoitar as voces destes nen@s mentras nos contan uns contos. Moitas grazas Vera, Xoel, Gabriel, e Itxel de terceiro. Qué ben o fixeron. 






Verbas sentidas

 Tivemos a sorte de contar con Modesto o avó do noso compañeiro León, que nos contou un conto de animais do máis entretido. O pasamos moi ben escoitando a voz deste avó falando de cómo era León de bebé e escoitando este conto. Moitas grazas por compartir este momento con nós.