xoves, 28 de decembro de 2023

Mes da ciencia

Aqui vos deixamos este link para que vexades as fichas  que cubriron @s nen@s  cos nomes dos experimentos ,os materiais utilizados , os resultados ...Pinchade no link .


https://issuu.com/mon.esca.ferringmail.com/docs/nome_do_experimento_abeto

mércores, 20 de decembro de 2023

Mes da ciencia

 Xa rematamos a exposición dos nosos experimentos e un ano máis temos que decir que foi unha experiencia moi enriquecedora para o centro. Aquí temos unha mostra dos experimentos das aulas. A disfrutar con estes traballos.








martes, 19 de decembro de 2023

Verbas sentidas

 Xa temos unha sesión nova dentro do noso proxecto de  “ Verbas sentidas  ". Nesta ocasión poidemos disfrutar de Tania a madriña da nosa compañeira Erea. Contounos o conto de " Martiño na noite de reis ". Un conto do máis entretido que rematou cunha sesión de manualidade, facendo un anxiño de Nadal. Unha visita chea de sorpresas e de emacións. Premade no video e dusfrutade da visita.




PROXECTO O MAR 4 Anos A

 Xa temos a os nenos e  as nenas de catro anos experimentando cos novos materiais sobre o proxecto do mar que preparamos na biblioteca. Prema no video e disfrutade do ben que o están pasando.




luns, 18 de decembro de 2023

Kamishibai polas aulas... 6º A conta...


 

O DÍA DE PAKISTÁN. Decembro 23


O luns 18 de decembro, tivemos unha visita moi especial, os pais do tres alumnos de Pakistán, Musa, Isamil e Essa,  estiveron con nos na Biblioteca para axudarnos a coñecer un pouco mais sobre a súa orixe... 

Proxecto "O mar"

 Xa temos preparado o material que podemos utilizar no noso proxecto escolar sobre o mar. Pasade e experimentade.



xoves, 14 de decembro de 2023

Verbas sentidas



Hoxe tivemos outra sesión dentro do noso proxecto de  “verbas sentidas “ .Nesta ocasión disfrutamos da compañía de Eli a tía de Inés que nos trouxo un conto do máis entretido .Moitas grazas Eli .









 

martes, 12 de decembro de 2023

Coñecemos os pulpos




Continuamos co noso proxecto sobre o mar .Nesta ocasión os nenos de educación infantil traballaron sobre os pulpos , partindo dos contos “ Si fueras un pulpo “ e “Un pulpo en el tejado “. Despois decoraron os pasillos con estes pulpos tan coloridos .Mirade o ben que lle quedaron .








 

martes, 5 de decembro de 2023

Verbas sentidas

Nesta ocasión disfrutamos da compañía da madriña Yoli do noso compañeiro Joel. Contounos o conto"De que cor son os bicos". Tamén nos trouxo o chupete de Joel, fotos da familia, a cinta do hospital de cando naceu, e o máis simpático o primeiro mechón de pelo. 
 


luns, 4 de decembro de 2023

Verbas sentidas



Seguimos co noso proxecto de verbas sentidas.Nesta ocasión son os irmáns que temos no cole que queren compartir esta lectura cos mais pequenos .Mirade o atentos que están .





domingo, 3 de decembro de 2023

Acoso escolar

O pasado venres as nenas e os nenos de 6º participaron nunhas xornadas sobre acoso escolar na nosa biblioteca.Poideron participar nun debate e aprender moitas cousas sobre esta lacra do acoso.













 

Verbas sentidas

 Dende a biblioteca queremos poñer en marcha un novo proxecto para incentivar á lectura aos nosos alumnos .Consiste en invitar ás familias a que veñan ó cole na hora de ler  , e lerlles un   conto significativo para eles ou ben unha anécdota referida á súa vida escolar.Empezamos cos irmás que temos no cole ,esperando que participen mais membros das familias .