mércores, 21 de xuño de 2023

Rematamos o curso

Este curso damos por rematado o curso 2022-23 ,sen antes deixar constancia de cómo temos a nosa biblioteca.Xa queda todo recollido gracias á colaboración da Anpa do centro que nos axudou a gardar e desmontar todo . O vindeiro curso comezaremos nun novo espacio , con novos proxectos e ilusións para disfrutar da ubicación da nosa nova biblioteca .





Taller de luz negra

 @s nen@s de educación infantil realizaron un taller de luz negra partindo do conto de LEOTOLDA  da escritora Olga de Dios da editorial Sidonia .Foi un traballo moi motivador xa que poucas veces traballamos a oscuras , sen luz natural e cunha luz ultravioleta moi especial.Os materiais tamén foron diferentes ós clásicos para que poideramos disfrutar dese efecto tan peculiar .Asemesmo utilizamos unha maquillaxe diferente .Mirade o divertido e entretido que foi .




martes, 20 de xuño de 2023

Eu de maior quero ser....Médico!! Con Sonia Blanco.


 

Teatro.Brancaneves e os ananos

 Aquí temos unha mostra d@s auténtic@s actores e artistas que temos nos cole. @s nen@s de 6º prepararon este teatro para pasar un bo rato e divertise c@s compañeir@s  e todo baixo a atenta mirada dun público do mais entragado como son os nen@s de 4 anos . Mirade o emocionante que foi .





Eu de maior quero ser...Policía. David Costa


 

Obradoiro de podcast. Damián Alonso


 

Prevención de riscos na escola. Mercedes González


 

xoves, 15 de xuño de 2023

Verbas terroríficas

 Aquí vos presentamos o noso libro das verbas terroríficas que recollen a gran imaxinación que teñen estes cativos.Un bonito traballo que deu paso a disfrutar dun túnel cheo de sorpresas. Mirade qué medo !!! .




Semana da ciencia

 Non queremos rematar este curso sen deixar de facer referencia á nosa primeira edición do libro sobre os experimentos.Este libro estivo rondando polas aulas e unha vez devolto queremos mostralo no noso blogue .Mirade que chulo nos quedou .




mércores, 14 de xuño de 2023

A maxia da visión

 Un órgano do noso corpo que temos que educar moi ben para percibir tódolos estímulos  do noso contorno son os nosos ollos .Para isto asistimos a un taller moi interesante sobre a maxia da visión no que aprendimos moitas cousas .Mirade o interesante que foi .




Linguaxe de signos


 A mamá de Martín , Ana , explicounos como poden falar e comunicarse os nen@s sordomudos cunha linguaxe de signos.Foi unha visita do mais interesante .Mirade qué atentos estivemos .





Visita de Sonia Blanco como médico

 Hoxe tivemos a visita da mamá de Pablo que nos explicou como funciona o noso corpo.Para elo trouxonos un esquelete de verdade e entre tod@s o montamos. Aprendimos como funciona o noso corpo,poidemos tocar un pulmón e un riñón .Foi unha visita do mais interesante.





luns, 12 de xuño de 2023

Rematamos o curso

 Este curso 2022-23 por mor das obras para ubicar a nova biblioteca, tivemos que pechar a nosa biblioteca sen antes agradecer ós axudantes o seu bo traballo por manter a biblioteca ordeada e en bo estado.Estes colaboradores renunciaron ó seu tempo de ocio no recreo para axudar na biblioteca  Estes nen@s recibiron un pequeno agasallo de un chaveiro persoalizado ca mascota da biblioteca. Moitas grazas rapaces e que sigades colaborando noutros centros. Unha aperta a todos eles.