sábado, 24 de febreiro de 2024

Hospital de libros

 Este curso preparamos un hospital de libros,  unha csixa para que se deixen ali os volumens que están en mal estado polo uso. Os encargados da biblioteca intentarán arranxalos nos seus días de garda durante os recreos. A ver se estes doutores sanan os libros do hospital.





Día de Rosalía

 Este 23 de febreiro a cultura galega celebra un dos seus días grandes. A nosa Rosalía de Castro tamén estivo presente no noso cole. Con estes carteis nos que os nenos e nenas traballaron co nome de Rosalía, traballaron poemas, fixeron alusión á figura de Rosalía de Castro, conmemoramos o día de Rosalía no centro. Espero que vos guste. 







Torneo de xadrez

 Este ano organizamos o primeiro torneo de xadrez que se celebra no colexio. Foi unha proposta dun grupo de nenos de 5° e no que vai a participar toda primaria. Elaboráronse unhas regras para non ter problemas á hora de xogar e puxéronse carteis polo centro . A ver como vai.













martes, 6 de febreiro de 2024

Laura e Nicolás.

 Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar da compañía de Laura que é unha futura profe que está á a realizar as prácticas no noso cole e que ademáis é a prima do noso compañeiro Nicolás. Fixemos un recorrrido pola vida de Nicolás, recordando grandes momentos da súa infancia e despois dun conto muy chulo da man de Laura. Mirade o emocionante que foi. 



Verbas sentidas. Aula de catro anos

Seguimos traballando no noso programa de verbas sentidas ,onde as familias veñen a contar un conto nas aulas .Nesta ocasión os nenos e nenas de catro anos disfrutaron dunha sesión de contacontos cos avós e cas nais dos nenos.Premade no video e disfrutade .