xoves, 23 de abril de 2020

Contacontos Pablo Nogueira

Ola familias, nenos e nenas!

Lembrades a Pablo Nogueira? Visitounos o curso pasado para contarnos a historia de Nube Branca que quería ser astronauta.

Este curso tamén ía a vir ata o cole para presentarnos a Raimundo pero non vai poder ser. Entón fíxovos este agasallo. Dende a súa casa fixo un contacontos para vós! Esperamos que vos guste!


luns, 9 de marzo de 2020

Visita de Rafael Ordóñez




O pasado día 4 de marzo contamos coa presenza do escritor Rafael Ordóñez.

Estivo con nós dúas sesións:

A primeira sesión cos nenos e nenas de Primeiro estivo adicada ao libro Animales muy normales e a segunda, cos de Sexto, tratou sobre o libro Bichos raros.

Deixámosvos con dou vídeos lembranza da súa presenza e cunha foto final de despedida.


 

Grazas pola túa visita. Foi xenial!