xoves, 26 de abril de 2018

Premiados do concurso de mascotas

Xa temos os gañadores do concurso de mascotas!!!

Moitas grazas a todos os participantes que colaborastes na creación dunha mascota para a biblioteca escolar.

Seleccionamos a tres premiados en Educación Infantil e outros tres en Educación Primaria:

EDUCACIÓN INFANTIL:

1º premio: Nico da clase de 4 anos
2º premio: Xabi da clase de 4 anos
3º premio: Iago da clase de 3 anos

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º premio: Nicolás de sexto
2º premio: Natalia de sexto
3º premio: Iker de sexto



Presentamos as nosas mascotas de Biblioxoferlo!!!




venres, 13 de abril de 2018

Xa temos os debuxos de todos os participantes do concurso

Moitas grazas pola vosa colaboración. Polo día do libro saberedes quen foi o gañador ou gañadora do concurso de mascota da biblioteca escolar.

Moita sorte a tod@s!!!


xoves, 5 de abril de 2018

Contacontos Sabela Gago

Tivemos a visita dunha gran artista!!

Sabela Gago!!!

Pasámolo en grande escoitando as súas aventuras e contos. Esperamos que volva moi pronto.

Moitas grazas pola túa visita!


Lectura compartida 3 anos e 2º de primaria

Ola lectores!!

Estades moi animados cos contos, verdade?? Aquí vos deixo as fotos que sacamos o día que fixemos a lectura compartida entre a clase de 3 anos e a clase de 2º de primaria.

Pasástelo moi ben!!! A seguir así rapaces!!

Unha aperta moi grande








I mercado medieval de libros

Dende BiblioXoFerLo queremos que os nosos nenos e nenas compartan as súas aventuras lectores cos seus compañeir@s

Por iso, celebramos o "I Mercado medieval de libros"

Durante unha semana, os cativ@s cambiaron libros que xa non lían por uns tíquets da biblioteca. Despois escolleron outros libros para levar para casa e así renovar a súa biblioteca persoal.

Volveron moi content@s para casa!!! Repetiremos seguro!

Moitas grazas lectores pola vosa colaboración