luns, 29 de outubro de 2018

Eu leo en...

RESULTADO DO MURAL

Amiguiñ@s!! Moitas grazas pola vosa colaboración. Así quedou a parede da biblioteca coas voas fotos. Animádevos a vir a velas!


Po e Rinho




luns, 22 de outubro de 2018

Actividade! Eu leo en... E ti?

Descripción: G:\Biblioteca\Mascotas e logo\Logo fondo blanco.jpg
Eu leo en

E ti?

Ola amiguiños e amiguiñas!

Somos Po e Rinho, os gardiáns da biblioteca Xoferlo. Para iniciar o curso con bo pé e celebrar o día das bibliotecas escolar (24 de outubro), invitámosvos a participar na actividade “Eu leo en…e ti?

É moi fácil! Só tedes que traer da casa unha fotografía, como máximo medio folio de tamaño, onde saias lendo no teu espazo preferido (a cama, o sofá, a túa zona de estudo)

Despois xa nos ocupamos nós e faremos un mural para mostrar as vosas imaxes a todo o mundo. Participa! Só levarache un par de minutos e con esa imaxe coñeceremos un pouco máis de ti!

Firmado.

Po e Rinho