Aquí temos outra sesión da visita do alumnado do IES Pino Manso ó noso centro. Nesta ocasión tocoulle aos nen@s de 4 Anos.
BiblioXoFerLo
Blogue da biblioteca escolar do CEIP Xosé Fernández López (O Porriño)
venres, 3 de maio de 2024
Apadriñamento lector
Co gallo do día do libro, este curso volvimos a retomar o apadriñamento lector co alumnado dd 2°da Eso do IES Pino Manso. Foi unha experiencia ben enriquecedora onde @s nen@s de 5 anos poideron estar moi atentos ós contos lidos polos ex alumn@s do centro. Premade no video e disfrutade.
martes, 23 de abril de 2024
Día do libro
Este ano tivemos unha celebración do día do libro do máis motivadora e participativa. Poidemos disfrutar das verbas aprendidas pol@s nen@s que recitaban do máis led@s. Premade nos videos e disfrutade.
Cabe decir que este video é fantástico, xa que podemos ver a aula de 4 Anos B en plena acción.
Nesta ocasión podedes disfrutar c@ alumnadad@ de 6°B.
Aquí vos deixo a actuación marabillosa de 3°A.Non o poideron facer mellor.
luns, 22 de abril de 2024
Día do libro
Xa temos os primeiros poemas liberados da gaiola e as produccións das distintas aulas para conmemorar o día do libro no centro. Premade nos videos e disfrutade.
Empezamos por 5 anos A.
Continuamos con esta escenificación de segundo de primaria. Xa vedes que é un traballo estupendo.
Abraham Carreiro
Aqui temos outra mostra do productivo que foi a visita de o escritor Abrahan Carreiro.Foi unha actividade moi enriquecedora e dinámica.
xoves, 18 de abril de 2024
Abraham Carreiro
Este martes poidemos disfrutar ca compañía de Abraham Carreiro que nos visitou para facer unha firma de exemplares do libro de Xoeliqui que recomendamos como lectura do Nadal
Fíxonos unha mostra de banda deseñada do máis interesante. Mirade como disfrutaron desta visita.
Día do libro.
Xa temos todo preparado para realizar a actividade do día do libro. Nesta ocasión a nosa compañeira Maru organizou unha serie de poemas que os nen@s terán que liberar da gaiola. @s nen@s terán que coller un ruliño de papel wue esconde unhas verbas. Terán que leelo e interpretalo. A ver o ben que sae esta actividade.