martes, 29 de maio de 2018

Visita Paula Carballeira

Ola amigos!

Sabedes que estivo de visita no noso cole??

Paula Carballeira!!!

Todos os nenos estaban emocionadísimos coa súa visita e o seu conto "Bruxa e familia"

Esperamos que volva pronto a contarnos máis historias! Grazas por vir!!!

Po & Rinho














Kamishibai

Ola Amiguiños!

Os nosos compañeiros e compañeiros de segundo e sexto de primaria prepararon varias historias para contarllas aos nenos de todo o centro.

Neste video podedes ver como o pasaron os máis cativos do cole.

Esperamos que vos guste!

Po & Rinho

venres, 18 de maio de 2018

Visita Xavier Estévez Ferreiro, autor de "Kibuko"

Veunos a visitar Xavier Estévez Ferreiro, o autor de Kibuko, un dos libros que leron os nosos amigos e amigas de Primaria.

Pasárono moi ben coa súa compañía. Moitas grazas Xavier por facer felices aos nosos lectores!

FDO. Po e Rinho








Contacontos Olga Cuervo

Tivemos a gran sorte de coñecer a Olga Cuervo! Unha grandísima contacontos! Os nenos e nenas de infantil quedaron encantados coa súa actuación.

Esperamos volver a vela moi pronto!

FDO. Po e Rinho


Sección temáticas das letras galegas

Ademais do mural Pop-Art de María Victoria Moreno preparamos un estante para a sección temáticas das letras galegas con libros desta autora e outros contos.

Esperamos que vos gusten!





FDO. Po e Rinho

xoves, 17 de maio de 2018

Letras galegas 2018

Este ano, María Victoria Moreno é a homenaxeada polo día das Letras Galegas. Falemos un pouco dela...

Naceu na provincia de Cáceres e foi unha escritoria de literatura xuvenil e infantil en lingua galega e profesora de ensinanza secundaria en Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Utilizou o pseudónimo de Peregrina Pérez.

Encantáballe Galicia e a súa lingua, por iso, entregouse á defensa e promoción do galego: "A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor"

Morreu en Pontevedra, vítima dun cancro de mama.

No cole fixemos unha pequena actividade onde as nenos e nenas pintarían coa técnica do Pop-art a imaxe de María Victoria. A verdade é que quedou moi ben!!!








Moitas grazas pola vosa colaboración lectores!!!

FDO. Po e Rhino

venres, 4 de maio de 2018

Que será, será?

Alguén sabe que pode ser isto???


Próximamente...

.... en BiblioXoFerLo

Fdo. Po e Rinho