venres, 3 de maio de 2024

Apadriñamento lector

 Aquí temos outra sesión da visita do alumnado do IES Pino Manso ó noso centro. Nesta ocasión tocoulle aos nen@s de 4 Anos.




Apadriñamento lector

 Co gallo do día do libro, este curso volvimos a retomar o apadriñamento lector co alumnado dd 2°da Eso do IES Pino Manso. Foi unha experiencia ben enriquecedora onde @s nen@s de 5 anos poideron estar moi atentos ós contos lidos polos ex alumn@s do centro. Premade no video e disfrutade.






martes, 23 de abril de 2024

Día do libro

 Este ano tivemos unha celebración do día do libro do máis motivadora e participativa. Poidemos disfrutar das verbas aprendidas pol@s nen@s que recitaban do máis led@s. Premade nos videos e disfrutade.

Cabe decir que este video é fantástico, xa que podemos ver a aula de 4 Anos B en plena acción. 


Tócalle o turno a cuarto B cunha actuación e escenografía inmellorable. 


Aquí podedes ver e escoitar ao alumnad@ de primeiro liberando o seu poema. 

Nesta ocasión podedes disfrutar c@ alumnadad@ de 6°B.

Pasamos de novo aos máis pequenos. Nesta ocasión é o alumnado de 4 Anos A
 


Aquí vos deixo a actuación marabillosa de 3°A.Non o poideron facer mellor. 


Tamén @s máis pequenos do cole quixeron celebrar o seu primeiro día do libro no centro. Escoitade o ben que o fixeron


Outro lindo poema para @s nen@s de 4°C

xa imos rematando as nosas produccións, sen antes escoitar a actuación aos nen@s de 2°




luns, 22 de abril de 2024

Día do libro

 Xa temos os primeiros poemas liberados da gaiola e as produccións das distintas aulas para conmemorar o día do libro no centro. Premade nos videos e disfrutade.

Empezamos por 5 anos A. 


Seguimos con 5 Anos A. Temos que destacar a boa memoria que teñen estes cativos e a ilusión por poder coller un poemiña nas súas mans. 

Seguimos co traballo e boa memoria de 3 de primaria. 

 Continuamos con esta escenificación de segundo de primaria. Xa vedes que é un traballo estupendo. 







Abraham Carreiro

 Aqui temos outra mostra do productivo que foi a visita de o escritor Abrahan Carreiro.Foi unha actividade moi enriquecedora e dinámica. 







xoves, 18 de abril de 2024

Abraham Carreiro

 Este martes poidemos disfrutar ca compañía de Abraham Carreiro que nos visitou para facer unha firma de exemplares do libro de Xoeliqui que recomendamos como lectura do Nadal 

 Fíxonos unha mostra de banda deseñada do máis interesante. Mirade como disfrutaron desta visita.







Día do libro.

 Xa temos todo preparado para realizar a actividade do día do libro. Nesta ocasión a nosa compañeira Maru organizou unha serie de poemas que os nen@s terán que liberar da gaiola. @s nen@s terán que coller un ruliño de papel wue esconde unhas verbas. Terán que leelo e interpretalo. A ver o ben que sae esta actividade.






Verbas sentidas

 Esta vez tocoulle á clase de catro anos B ca mamá de Antón que quixo compartir un conto cos compañeiros do neno. Seguro que resultou do máis emocionante. 


xoves, 4 de abril de 2024

Proxecto " o mar"

 Os compañeiros e compañeiras de 5 anos fixéronnos unha pequena exposición sobre as zonas mariñas segundo a profundidade.

A verdade é que coñecían moi ben a lección.



Carlos López

 Onte @s nen@s do primeiro ciclo tiveron a sorte de disfrutar do escritor Carlos López que escribiu o libro "contos que caben nunha man". Este libro o recomendamos dende a biblioteca como lectura nas navidades. @s nen@s poideron facerlles preguntas sobre o conto e darlles a firmar o seu exemplar.Mirade qué emocionante foi. 






mércores, 13 de marzo de 2024

Proxecto "o mar "

 Aquí temos outra montaxe moi visual para traballar sobre as zonas do océano. Mirade cántas zonas hai.





Proxecto "o mar "

 As nenas e nenos de 5 anos prepararon esta bonita maquetas sobre o fondo marino. Elexiron uns peixes, cangrexos, fixeron unha praia... E aquí o resultado. O seu traballo está na biblioteca para compartir con todo o alumnado do cole.






sábado, 9 de marzo de 2024

Día da muller

 As nenas e nenos de infantil tamén quixeron celebrar o 8 de marzo con este bonito mural.





Día da muller

 As nenas e nenos de 2°de primaria foron á biblioteca a facer un traballos sobre as mulleres máis importantes das súas vidas. Mirade  qué concentrados estiveron e o ben que o fixeron.














Torneo de xadrez

 Xa comezamos a nosa participación no I torneo de xadrez do cole. Moita sorte a todas e todos e a disfrutar do xogo.







mércores, 6 de marzo de 2024

David Rodríguez, Superavoa. MARZO 2024


 Xa comezamos as celebracións do 8 de marzo no cole. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de disfrutar do autor David Rodríguez que nos trouxo o conto de " Superavoa", con imaxes, música. Que ben o pasamos. Moitas grazas David Rodríguez. 


sábado, 24 de febreiro de 2024

Hospital de libros

 Este curso preparamos un hospital de libros,  unha csixa para que se deixen ali os volumens que están en mal estado polo uso. Os encargados da biblioteca intentarán arranxalos nos seus días de garda durante os recreos. A ver se estes doutores sanan os libros do hospital.





Día de Rosalía

 Este 23 de febreiro a cultura galega celebra un dos seus días grandes. A nosa Rosalía de Castro tamén estivo presente no noso cole. Con estes carteis nos que os nenos e nenas traballaron co nome de Rosalía, traballaron poemas, fixeron alusión á figura de Rosalía de Castro, conmemoramos o día de Rosalía no centro. Espero que vos guste. 







Torneo de xadrez

 Este ano organizamos o primeiro torneo de xadrez que se celebra no colexio. Foi unha proposta dun grupo de nenos de 5° e no que vai a participar toda primaria. Elaboráronse unhas regras para non ter problemas á hora de xogar e puxéronse carteis polo centro . A ver como vai.













martes, 6 de febreiro de 2024

Laura e Nicolás.

 Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar da compañía de Laura que é unha futura profe que está á a realizar as prácticas no noso cole e que ademáis é a prima do noso compañeiro Nicolás. Fixemos un recorrrido pola vida de Nicolás, recordando grandes momentos da súa infancia e despois dun conto muy chulo da man de Laura. Mirade o emocionante que foi. 



Verbas sentidas. Aula de catro anos

Seguimos traballando no noso programa de verbas sentidas ,onde as familias veñen a contar un conto nas aulas .Nesta ocasión os nenos e nenas de catro anos disfrutaron dunha sesión de contacontos cos avós e cas nais dos nenos.Premade no video e disfrutade .





 

domingo, 28 de xaneiro de 2024

A biblioteca na mar

 Hoxe fomos investigar na biblioteca do cole e había unha morea de libros interesantes sobre o mar.








Zoe atopou un conto cunhas ilustracións moi bonitas e decidimos contalo coa axuda da profe Laura.