xoves, 22 de novembro de 2018

Xa estamos pensando no Nadal!

Ola amigos e amigas!

O Nadal xa está aí e... Para celebralo... Temos unha actividade para vós!

Que vos parece se facemos postais de Nadal?? Sabémolo: "Jo, que rollo", "Isto é o de sempre"

Pode ser pero propoñémosvos facer unha postal que despois se vai trocar cun compañeiro o compañeira doutra clase. Agora xa máis, non?

Animádevos a participar! Só necesitades unha cartolina A4 dobraba á metade e a vosa imaxinación. Tamén podedes pasar pola biblioteca e recoller unha para decorar na casa.

Veña! Tedes ata o 30 de novembro!

Po & Rinho


xoves, 15 de novembro de 2018

Visita de Francisco Álvarez "Koki"

Os nenos e nenas de primaria recibiron con moita alegría e agarimo a visita de Koki, un escritor de A Guarda.

Leron parte da súa historia, fixéronlle preguntas e coñecéronno un pouco máis.

Moitas grazas pola túa visita!