venres, 30 de maio de 2025

Ledicia Costas

Este xoves volvimos a disfrutar da compañía dd Ledicia Costas que nos viu a falar do seu libro "Curriño". Tivemos unha sesión chea de curiosidadess sobre o canciño e preguntas que a autora contestou encantada.


 

Misión nº 5 .Aula de 3 anos A


a proposta da misión nº 5 ca aula de 3 Anos A é unha serie de experimentos ca auga .











mércores, 28 de maio de 2025

Ponteazero. Reciclamos

 

A biblioteca colaborou coa Deputación de Pontevedra , organizando uns obradoiros constructivos sobre reciclaxe e coidado do Planeta.Aprendimos qué productos temos que poñer en cada contenedor. Prema no video para ver o interesante que resultou a actividade.




Verbas sentidas. A mamá de Lucas

 Son moitas as familias wue queren participar  ca biblioteca na actividade de Verbas sentidas. Nesta ocasión Ana compartiu un conto titulado "Qué alto está el pastel". Os cativos o pasaron xenial. Gracias Ana.









domingo, 25 de maio de 2025

Ledicia Costas

 Este curso estamos a organizar visitas do máis interesantes. É un pracer pasar un rato ben entretido ca escritora Ledia Costas .

O alumnado de 2° ciclo estivo a traballar co libro "El ataque polilla. Fixéronlle moitas preguntas a Ledicia e tiveron a oportunidade de que lle asinara os libros

. Moitas grazas pola visita. 




venres, 23 de maio de 2025

Obradoiro de xogos

 Continuamos aprendendo a xogar co novo material da biblioteca. Os recreos do voluntariado ten unha nova tarefa.Nesta ocasión imos a introducir o xogo Linkee que é un xogo de preguntas sinxelas no que o xogador ten que descubrir en qué se relacionan .

Outro xogo é o Monster Mach ,no que teñen que buscar nº de patas e brazos ollos ...que manda o dado .Moi divertido .







Apadriñamento lector

 Continuamos abrindo a nosa biblioteca aos centros que temos preto do centro. Un gran colaborador é o IES Pino Manso. 





Exposición de traballos do PDI

 Xa estamos a rematar este curso no que a biblioteca realizou un gran traballo co noso Proxecto de centro que este anos está adicado a traballar o ODS nº 15 sobre os ecosistemas terrestres .

Para rematar realizamos unha gran exposición na que as aulas comparten o que estiveron a traballar ao longo do trimestre.Cada traballo está exposto según a runa á que pertence.Así temos traballos de auga,terra,aire e lume . Mirade cánto traballo fixeron.













Apadriñamento lector


A nosa biblioteca coordínase co IES Pino Manso para que o alumnado da ESO lle veñan a ler un ratiño aos máis pequenos. Esta é unha actividade ben enriquecedora, tanto para os maiores coma para os pequenos. Hai que ver o atentos que son estes rapaces. 


Como fai bo tempo, abrimos as portas da biblioteca para o xardín, e mirade qué boa idea. 




 

Xuntanza literaria do concello do Porriño


 A nosa biblioteca participou na IV xuntanza literaria do concello do Porriño. Este ano tocoulle a 3° de primaria camiñar ata o parque Alba en Torneiros para disfrutar de estas xornadas . Todo o alumnado levou o seu libro preferido ecompartiu unha lectura co alumnado de outro centro. De recordo intercambiaron marcapáxinas feitos no centro. Xa ao final da sesión poideron bailar ao ritmo de Javier Becerra e Carolina Rubirosa. Unha sesión de lectura moi bonita. 




xoves, 22 de maio de 2025

Festival de Cans

 A nosa biblioteca tamén estivo presente no festival de Cans. Asistiu o alumnado de 5° de primaria. Realizaron un roteiro con Iria Misa, autora do libro "unha veciña de película". Foi unha sesión diferente pero non menos entretida que outras.E por soposto tamén nos firmou o libro de recordo. 









Obradoiro de xogos

 Seguimos cas xuntanzas dos nosos obradoiros de xogos. Nesta ocasión tocoulle ao grupo de voluntarios de 6 °de primaria. 

Aprenderon a xogar a Halli Galli . Neste xogo a rapidez ,o vocabulario e a imaxinación é que vale  . Outro dos xogos introducidos pola profe Natalia é A toda letra que serve para desenvolver a concentración e o vocabulario .

 Moi ben pola vosa atención. 





Neste ano na biblioteca ,ampliamos a nosa colección de xogos de mesa ,nos que a concentración,vocabulario,axilidade mental  ,respecto ao turno ...van ser aspectos común a traballar.

Xogos coma o Runni clasic ,brain box ,Taco gato cabra  e outros  empezan a ter acollida nas instalacións da biblioteca .

Obras de teatro do alumnado de 5° PDI







 Xa estamos a rematar co noso PDI, sobre o coidado do planeta. O alumnado de 5°elixiu facer unhas obras de teatro sobre o aprendido. Mirade que ben o pasaron.