xoves, 24 de abril de 2025

Clube de lectura


 Xa temos unha nova xuntanza co noso clube RAYO. Esta vez tocounos ler o libro de teatro "Dormente", da escritora Raquel Castro. É un libro moi entretido que fala da mentira, do destino, da aceptación.

Nesta ocasión a profe Marta argallou unha sesión de teatro lido para o noso clube. Por grupos foron lendo e representando distintas situacións. Hai que ver o ben que o fixeron. Mirade o ben que o pasamos.







Unha vez perdido o medo á interpretación, o grupo probou a inventar unha escena, con diálogos inventados polo grupo e o reparto de personaxes. Se non o credes premade no video.



Ningún comentario:

Publicar un comentario