xoves, 24 de abril de 2025

Intercambio de libros










Co gallo da celebración do día do libro, este ano como xa anunciamos, preparamos un intercambio de libros. O alumnado podía traer libros que tiñan xa lidos en casa, para cambiar cas compañeiras e cos compañeiros do cole. Foi un auténtico intercambio, xa que  se repartiron uns tickets para realizar o cambio. Prema no video para ver o emocionante que foi.

Non só se intercambiaron libros po patio de infantil, senón que no patio de primaria tamén houbo moito movemento de libros. Mirade o contentos que quedaron os cativos. 




Tamén intercambiamos marcapáxinas que realizamos nas aulas. Mirade qué bonitos lles quedaron. 


Con estas actividades queremos fomentar a maxia de ler. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario