O alumnado de 6°A , realizou un xogo de pistas como proxecto final do noso PDI. Partiron da biblioteca onde tiñan pistas agochadas que tiñan que encontrar , para despois sair ao patio e rematar a búsqueda. Mirade o ben que o pasaron.
mércores, 30 de abril de 2025
venres, 25 de abril de 2025
Nova edición de O Noso Libro
Como ven sendo tradición neste centro, co gallo do libro publicamos "O noso libro ". Un ano máis a biblioteca xunto co EDLG participamos na elaboración do "Noso libro" adicado este ano aos grandes defendores do planeta Terra.
Aquí tedes a nova edicación de O Noso Libro en formato libro dixital. Mirade qué traballo de investigación fixeron estes cativos..
xoves, 24 de abril de 2025
Clube de lectura
Xa temos unha nova xuntanza co noso clube RAYO. Esta vez tocounos ler o libro de teatro "Dormente", da escritora Raquel Castro. É un libro moi entretido que fala da mentira, do destino, da aceptación.
Nesta ocasión a profe Marta argallou unha sesión de teatro lido para o noso clube. Por grupos foron lendo e representando distintas situacións. Hai que ver o ben que o fixeron. Mirade o ben que o pasamos.
Unha vez perdido o medo á interpretación, o grupo probou a inventar unha escena, con diálogos inventados polo grupo e o reparto de personaxes. Se non o credes premade no video.
Intercambio de libros
Co gallo da celebración do día do libro, este ano como xa anunciamos, preparamos un intercambio de libros. O alumnado podía traer libros que tiñan xa lidos en casa, para cambiar cas compañeiras e cos compañeiros do cole. Foi un auténtico intercambio, xa que se repartiron uns tickets para realizar o cambio. Prema no video para ver o emocionante que foi.
venres, 11 de abril de 2025
Día do libro
Xa temos todo organizado para celebrar o Día do libro. Este ano grazas á colaboración cas familias, faremos un intercambio de libros por ciclos. Aquelas familias que queiran cambiar libros que teñan na casa xa lidos, os poden traer ao cole para cambialos por outros títulos.Xa temos preparados uns bonitos vales para entregar polas aulas.
Asimesmo farán un marcapáxinas para intercambiar entre as compañeiras e compañeiros .
Estas actividades son posibles grazas á implicación das familias e o profesorado. Moitas grazas á toda a comunidade educativa do Fernández López.
Misión 5 do PDI
Xa está en marcha a nosa mision n°5. Esta mañá apareceu unha sorpresa en todas as aulas. Unha carta colgada no teito cunhas instruccións ben claras :CONVENCER AOS PROFES DE CUMPRIR A MISIÓN. A emoción de coller as cartas, lelas, e pensar cómo podían facer ainda se nota polos corredores.
Mirade o emocionados que están todos os cativos.
Verbas sentidas na aula de 3 anos A
A emoción de invitar ás nais e aos pais ao cole a contar un conto ou historia non decae. Agora tócalle participar á nai a Adriana de 3 anos A que nos contou "a vaca que puxo un ovo" . Mirade o atentos que estiveron estes cativos.
Verbas sentidas na aula de 4 anos A
Nesta ocasión Vanesa, a mamá de Leo, animouse a traernos un conto "la vaca que fué al cole" e ata cantar unha canción de "un bicho extraño" . Mirade o ben que o fixo. Bravo mami!!!!.
Verbas sentidas na aula de 3 anos B
Hoxe poidemos disfrutar da compañía de Ana a mamá de Lucas que nos deleitou co conto e ca canción de Cocorico. O pasamos moi ben. Moitas grazas pola colaboración.
Verbas sentidas. Aula de 3 anos
venres, 4 de abril de 2025
Ondas creativas. Damian Alonso
O noso alumnado de 6°de primaria asistiu a unhas xornadas de formación sobre a radio escolar. Poideron facer guias de programas, practicar falando polos micrófonos e máis investigar ca mesa de mezclas. O asesor Damian Alonso deulles unhas explicacións moi prácticas e interesantes do mundo da radio . Prema no video para coñecer as reaccións do alumnado.
A mama de Claudia
A mamá de Claudia tamén emocionou aos cativos de tres anos con un conto ben bonito. Mirade o atentos que estiveron.
A mamá de Joel
O peixe arco iris
Nesta ocasión tocoulle ás aulas de tres anos escoitar un conto da mamá de Lola, Ana. Trouxonos o conto do peixe arco iris. Despois regalounos unha escamiña con moito brilo e un peixiño para decorar. Moitas grazas Ana.