luns, 31 de marzo de 2025
Verbas sentidas
domingo, 30 de marzo de 2025
Rayo o clube de lectura. Supersorda
Xa tivemos unha nova xuntanza co clube de lectura do cole. Estivemos a falar do libro Super sorda que é unha nena, Cece, que non pode oir. Estivemos a falar das personaxes que aparecen no libro, e pensar se tiñan defectos ou cualidades positivas .Prema no video e divértete con nós.
Emilio o pai de Roi
Seguimos ca nosa sección de " Verbas sentidas ", na que as famimias veñen á biblio a contarlles un conto, unha historia na aula dos seus fillos. Nesta ocasión tocoulle ao pai do noso Roi. Premade no video para ver o atentos que estiveron.
Contacontos Nuria García
O noso alumnado de infantil e primer ciclo, asistiu a unha sesión de contacontos da man de Nuria García . Estes cativos estiveron ben atentos xa que foi moi divertido.
Misión 5.PDI
Xa temos en marcha a nosa misión n°5, qie consiste en qie cada aula scalla un ecosistema relacionado cas misións anteriores e que elabore unha actividade que pode ser unha maqueta, un conto. Para elo terán que baixar á biblio e informarse na sección documental. A ver que tal sae...
domingo, 23 de marzo de 2025
Día de Rosalía
Este ano co gallo do día de Rosalía, o noso cole preparou " o xardín de Rosalía" xunto co equipo de dinamización. A actividade consistía en decorar unha flor e poñerlle algunha verba amorosa. Os maiores escribiron poemas de Rosalía de Castro. Mirade que chulo quedou.