Hoxe conmemoramos o día da non violencia e a paz.
O tempo acompañounos e puidemos xuntarnos no patio para cantar e bailar a canción "Danza da paz" de Mamá cabra.
Despois, intercambiamos unhas pombas decoradas polo alumnado e cunha mensaxe de paz en galego.
Foi moi divertido ver a todo o alumnado correndo polo patio buscando a súa parella para facer o intercambio de pomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario