xoves, 27 de febreiro de 2025
Día da paz
Clube de lectura "Rayo"
Este mércores 26 de febreiro tivemos a xuntanza do noso clube de lectura. Foi unha sesión moi emocionante xa que fixeron un scape room con moitas probas que resolver.
Montar un crebacabezas dun mapa da Risca....
Coñecer o segundo apelido de Antonio Palacios..E moitas probas máis.
Mirade cómo estaban de concentrados......
Muller na ciencia
xoves, 13 de febreiro de 2025
Clube de lectura
Xa realizamos a segunda quenda do noso clube de lectura.
Nesta segunda sesión fixemos un pequeno xogo sobre as impresións que tiveron as e os compelentes do clube sobre o libro do "Principiño ". O xogo consistía en escribir unha verba ou frase relacionada ca lectura.
Día de México co
As nais de alumnos e alumnas de de 4°, 1° de primaria e 4°de educación infantil organizaron unha sesión para dar a coñecer a cultura mejicana na nosa biblioteca. Tivemos cancions, xogos, degustación de productos mejicanos así coma unha chea de información que as nenas e nenos utilizaron para facer un traballo. Prema no video para ver o divertido que foi.
xoves, 6 de febreiro de 2025
Búsqueda de información
O alumnado de 4 °de primaria ven de realizar un traballo de investigación sobre o proxecto que estamos a desenvolver no centro. Nesta ocasión tiveron que buscar información nos nosos fondos bibliotecarios, xornais e revistas ás que estamos suscritos para crear unha noticia sobre a dana. Logo de ter buscado información, redactar as noticias tiveron que realizar unha exposición para as compañeiras e compañeiros sobre o traballo realizado. Mirade unha mostra de elo.
Cartas de amor
Xa se acerca o día de San Valentín e as nenas e nenos de infantil non queren deixar escapar a ocasión para escribir unhas verbas ben bonitas para regalar. Mirade o ben que o pasan.
Clube de lectura
Este curso 2024-25 estamos a vivir moitas experiencias novas na nosa biblioteca. Neste segundo trimestre puxemos en marcha o noso clube de lectura "RAYO " con nenas e nenos de 5° de primaria. Comenzaron co libro O Principiño.
As xuntanzas realizaranas cada quince días, os Mércores na hora do patio.