Xa chegou o día! Este 19 de decembro levamos a cabo unha actividade na que se implicou toda a comunidade educativa do noso cole. Chegou o día de realizar o 1°sorteo de loteria no Xosé Fernández López. A actividade realizouse durante á hora de ler, pero nesta ocasión as nenas e nenos leron números.Nesa hora conectámonos polas pantallas interactivas e todo o cole poido disfrutar do sorteo en directo.
O equipo da biblioteca realizou un gran traballo facendo números, repartíndoos polas
aulas, revisando as pantallas interactivas das aulas, facendo o sorteo.... Todas e todos implicáronse para que o sorteo salise á perfección. Prema no video para disfrutar da actividade.
Aquí vos deixamos unhas fotos de cómo o viviron na aula de cinco anos.
E aquí temos o gañador de cinco anos.
Prema no video para ver o premio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario