luns, 23 de decembro de 2024

Misión superada

 Xa chagamos ó final das nosas misións. Foi moi bonito ver a implicación de todos os cursos para seguir as pistas que as nosas mascotas Po e Rinho van deixando polas aulas. Nesta ocasión imos ver unhas fotos de un grupo  de nenas e nenos de cinco anos buscando o libro que lle indicaron as pistas anteriores.

     



    

E unha vez encontrado o libro teñen que dar resposta ás preguntan que atoparon dentro. 

    




MOI BO TRABALLO!!!! 

A nosa lotería de Nadal

Xa chegou o día! Este 19 de decembro levamos a cabo unha actividade na que se implicou toda a comunidade educativa do noso cole. Chegou o día de realizar o 1°sorteo de loteria no Xosé Fernández López. A actividade realizouse durante á hora de ler, pero nesta ocasión as nenas e nenos leron números.Nesa hora conectámonos polas pantallas interactivas e todo o cole poido disfrutar do sorteo en directo. O equipo da biblioteca realizou un gran traballo facendo números, repartíndoos polas
aulas, revisando as pantallas interactivas das aulas, facendo o sorteo.... Todas e todos implicáronse para que o sorteo salise á perfección. Prema no video para disfrutar da actividade.



Aquí vos deixamos unhas fotos de cómo o viviron na aula de cinco anos. 
         







E aquí temos o gañador de cinco anos. 

          


 Prema no video para ver o premio. 

       

     

mércores, 11 de decembro de 2024

Cartas para a residencia Navuxil





O alumnado de infantil xa teñen preparadas as felicitacións que lle van a enviar ao centro da terceira idade Navuxil. Non queren que os maiores pasen este Nadal sen unha bonita felicitación. Premade no video para ver cánto traballaron estas nenas e estes nenos. 




Sesión de contacontos na galiña azul

 



O alumnado de cinco anos desprazouse á gardería galiña azul para realizar unha sesión de contacontos cos máis pequenos. Foron en dous días para non masificar ao centro.Cada nena e neno escolleu da nosa biblioteca o conto que máis lle gustaba para ler na gardería. Prema no video para ver o emocionante que foi.




martes, 3 de decembro de 2024

Mural coidemos o planeta


Aquí vos presentamos un mural feito polos máis cativos do cole. Un mural que recolle os catro elementos: terra, auga, vento e lume. No centro o noso planeta custodiado polos policias e bombeiros que son as aulas de tres anos. Premade no video e disfrutade do noso traballo. 







Misión secreta nº 3

 Xa estamos moi cerca de rematar as nosas misións para buscar información na biblioteca .Nesta ocasión as nenas e os nenos recibiron a visita da nosa mascota Rinho, que lles levou a cada aula unha carta. Nela poideron ler unha nota moi específica para encontrar o libro necesario para dar respostas ás preguntas que se lle fan .












Misión secreta nº2

 Seguimos a traballar no noso proxecto documental de centro .Nesta ocasión as cativas e cativos teñen que resolver un pequeno encrucillado que lles dará información das letras que veñen nos lomos dos libros da biblioteca e que correspondes ao autor e ao título . 

Nesta ocasión tocoulle á profe Maru e a Roi enfundarse dos disfraces das nosas mascotas Po e Rinho. 





As cartas para a misión. 



 




                                                





Visita ao centro de maiores de Navuxil

 O pasado venres o alumnado de educación infantil visitou o centro da tercera idade  situado preto do colexio para facer unha sesión de contacontos .Nesta ocasión forone as nenas e os nenos os que lle contaron un conto a os maiores ,e eles quedaron moi agradecidos desta sorprendente visita .Moita grazas ao centro Navuxil por acollernos .


xoves, 21 de novembro de 2024

Novembro mes da ciencia na biblioteca

 Hoxe poidemos disfrutar de este científico que viu ó cole a explicarlles ás nenos e aos nenos distintas reaccións químicas. Todos os niveis vivenciaron diferentes experimentos científicos e aprenderon a súa explicación. 













mércores, 20 de novembro de 2024

Traballos de adiviñas


Aquí temos o traballo realizado polo Samaín .O equipo de actividades extraescolares preparou un túnel do terror moi terrorífico .Para poder entrar nel o equipo de biblioteca xunto co de dinamización pedimos que o alumnado escribíse  unha adiviña inventada  relacionado ca temática do Samaín .Mirade que ben quedou .


 

Normas da biblioteca

 O alumnado leva un tempo elaborando o que para eles serían as normas da biblioteca para un bó funcionamento .Unha vez reunido o equipo de biblioteca seleccionamos de entre as propostas escritas por eles ,  cales serían máis importantes para un bó funcionamento .Así quedou o cartel .Moi bó traballo do alumnado .




Misión secreta nº 1


Seguimos a traballar no noso proxecto.Esta vez volvemos a ter a visita da mascota da biblioteca que lle entregou a primeira misión  ao alumnado .Ahora  lle toca ás alumnas e aos alumnos traballar, e terán que resolver unn pequeno problema matemático que lle levará a un libro da biblio .Foi unha sesión moi emocionante para o alumnado gracias a nosa compañeira Maru e a Camila que se meteu no seu papel de repartidora de cartas por todo o cole .
Nesta ocasión tocoulle á profe Maru e a Camila darlle vida aos dragóns Po, mascota da biblio. 




Prema no video para ver cómo traballa este pequeno dragón. 


Aquí vos deixo unha mostra das misións que elaborou o equipo de biblioteca .Moi bó traballo

















                        







A emoción non se poido aguantar e xa temos as primeiras respostas .A dúbida é que será esa combinaciónn de letras e números .....