sábado, 14 de xuño de 2025

Clube de lectura RAYO




 Toca despedir a actividade de este clube de lectura por este curso. Foron moitas xuntanzas cheas de diversión e de emocións. Na última sesión, o clube decidiu facer una obra de teatro inventada por elas. 

E nesta última quedada, a profe Marta, agasallou aos membros do clube cun pompeiro para facer burbullas, como no último libro que leron . Esas burbullas regalaron sonrisos aos nenos e nenas de infantil.



domingo, 8 de xuño de 2025

Apadriñamento lector co IES Pino Manso

  No noso cole, son moitos os grupos que están a levar a cabo unhas xuntanzas para compartir unhas lecturas ben interesantes. Nesta ocasión compartimos lecturas cun grupo de 2°da ESO.



martes, 3 de xuño de 2025

Misión 4 . Presentación de libros

 Xa temos máis nenas e nenos recomendando un libro moi interesante , no que estiveron a traballar e nos ensinan cómo o poden encontrar na biblioteca .

Nesta entrada temos videos temos a alumnado de 1º ,de infantil e de 2º .








luns, 2 de xuño de 2025

Misión nº 4 .Recomendaciónn de libros


Aquí temos algúns dos videos que o alumnado realizou para superar a misión nº 4 .Están recomendando o libro co que estiverosn a traballar para dar respostas ás preguntas que se lle facían .Realizaron ub traballo de investigación e fomento da lectura .Moi bo traballo .



















 

Recomendación de libros



Aquí temos unhas das campañas de recomendacións  que levou a cabo a biblioteca neste curso 2024-25.Estas recomendacións de lectura serán o incentivo para pasar un rato entretido cos autores .As campañas lectoras realízanse para todos os niveis educativos .






 

domingo, 1 de xuño de 2025

Misión nº 5 .Aula de 2º C

 

  A clase de 2ºC resolveu a tarefa da misión nº5 cun video moi divertido sobre  o libro " Historias de ríos " . Crearon a  letra de  cada río e despois a cantaron con ritmos de cancións moi coñecidas .

Non podemos negar que é unha maneira orixinal de  aprender curiosidades sobre os rios. Prema nos videos para ver o ven que cantan esta cativada.Moi bo traballo .










venres, 30 de maio de 2025

Ledicia Costas

Este xoves volvimos a disfrutar da compañía dd Ledicia Costas que nos viu a falar do seu libro "Curriño". Tivemos unha sesión chea de curiosidadess sobre o canciño e preguntas que a autora contestou encantada.